David Cal reitera que porá rumbo a Río 2016 "si consigo los apoyos necesarios"
Por Ramiro Espiño
Xa o adiantaramos en PontevedraViva hai un mes e hoxe volveuno reiterar. David Cal, o deportista español máis laureado nuns Xogos Olímpicos, quere estar en Río 2016. Serían as súas cuartas Olimpíadas. Pero non o fará a calquera prezo. Asegura que só continuará a súa carreira deportiva "si contamos con los apoyos necesarios para competir por otra medalla".
"La verdad que tengo muchas ganas de continuar hasta Río, pero tengo que valorar muchas cosas porque la decisión no depende exclusivamente de mí", dixo o palista galego durante a presentación en Madrid do libro "David Cal: 100 días para la historia", no que o seu adestrador, Suso Morlán, debulla os días previos á consecución, en Londres, da súa quinta medalla olímpica.
David Cal, que atendeu dende Madrid a PontevedraViva, afirmou que o deporte español está "muy mal económicamente" polo que non sabe se vai ter os recursos suficientes para poder prepararse. "Si no vamos a poder prepararnos bien, para eso no vamos".
Precisamente seguir contando co seu adestrador é absolutamente imprescindible para David de cara a afrontar este novo reto olímpico: "Tenemos que atar algunas cosas, ver cómo queda el contrato de Suso con la Federación Española. No vamos a pedir más, pero tampoco podemos admitir una reducción que perjudique nuestra preparación. Estamos los dos juntos en ésto y debemos tener la tranquilidad necesaria para pensar sólo en entrenar y trabajar duro".
Apoio do presidente do COE
Durante a presentación do libro, o presidente do Comité Olímpico Español, Alejandro Blanco, sentado entre David e Suso, foi rotundo no seu apoio ao palista pontevedrés ao asegurar que no caso de que non haxa diñeiro para que un deportista como David Cal se prepare para uns Xogos Olímpicos, hai que "cerrar la tienda".
"Es cierto que la situación es complicada porque han bajado los recursos públicos y privados, pero tienen que existir los recursos para David", afirmou. Pero foi mesmo máis contundente. Tras recordar que é o deportista español con máis medallas olímpicas, pediulle a David Cal "piénsatelo, eres la bandera del deporte español, y si para tí no hay recursos, aquí sobramos todos".
Ao respecto das palabras e o apoio do presidente do COE, David Cal manifestaba a súa satisfacción a PontevedraViva: "Son de agradecer y más viniendo de una persona que ocupa un cargo tan importante. Esperemos contar con los apoyos que necesitamos para afrontar este nuevo reto".