David Cal volve a adestrar en xaneiro coa mente posta en Río 2016: "Me gustaría llegar"
Por Alejandro Espiño
David Cal segue esfollando a margarida. O piragüista galego, o deportista español que máis medallas gañou nos Xogos Olímpicos, aínda non decidiu se alongará a súa carreira deportiva ata as Olimpiadas de Río de Janeiro. Asegura que a decisión tomarase "en los próximos meses". Ve 2016 como un horizonte aínda moi afastado. Iso si, teno claro. Segundo confirmou a PontevedraViva, por ganas non será.
"Personalmente, me gustaría llegar hasta Río, pero tengo que reconocer que se hace muy duro", explica David Cal. "La ilusión de cualquier deportista es llegar a una olimpiada. Y si se puede ir y luchar por conseguir un buen resultado se irá, pero para prepararla y hacerlo mal, mejor no la preparo y hago otra cosa".
O palista galego segue gozando dunhas máis que merecidas vacacións tralo seu éxito nos recentes Xogos Olímpicos de Londres. Pero o descanso acabarase moi pronto. Ten previsto retomar os adestramentos o próximo mes de xaneiro, aínda que antes asegura que "haré un poco de todo para mantener la forma, correr, andar en bici, windsurf otro tipo de deportes que no hago normalmente".
"Entrenaré un poco en Pontevedra, Cangas o donde me coincida, pero sin ningún tipo de presión". Calquera cousa, chancea, excepto coller a canoa. "No la voy a tocar, llevo mucho tiempo dándole", di entre risas. No horizonte máis próximo están os campionatos de Europa e do Mundo de Piragüismo, que se celebrarán en xuño e agosto de 2013 respectivamente. Aínda que a súa presenza neles dependerá de se finalmente decide ir a Río de Janeiro.
Sexa como sexa, David Cal ten certa marxe para preparar o seu futuro deportivo. Como medallista olímpico conta cunha beca ADO durante os dous próximos anos. Aínda que como el mesmo recoñece non é a mellor forma para fomentar o deporte de élite. "Es injusto que si quedas cuarto tengas que jugarte la beca todos los años; el segundo y el tercero tienen dos años de beca y si quedas campeón, son cuatro años. A todos los medallistas deberían becarlos todo el ciclo olímpico".
Recoñece que a crise económica non axuda a que o apoio ao deporte vaia a ser mellor que outros anos. "Habrá un recorte grande, de un 30%, y eso no ayuda mucho", asegura. Por iso, David Cal e moitos outros deportistas teñen esperanza no éxito da candidatura de Madrid 2020. "Si España organiza estos Juegos Olímpicos, invertirán en el deporte para conseguir buenos resultados y para que la olimpiada salga bien".