Pouco Lalín para un Arosa que logra unha cómoda vitoria
Por Redacción
O Arosa dominou amplamente o Lalín e impúxose de forma máis que merecida na súa visita ao Manuel Anxo Cortizo, aproveitando o seu mellor posicionamento sobre o cesped e as facilidades defensivas dos "rojinegros", que puideron mesmo recibir un maior castigo.
Comesaña e ÿscar mandaron na zona ancha catapultando aos seus compañeiros para resolver o partido na primeira media hora de xogo, grazas aos goles de Fernando, ao rematar de cabeza unha falta lateral, e de Adrián Camiño, culminando un rápido contraataque.
Na segunda parte o Arosa seguiu dominando a pracer sentenciando definitivamente o partido co terceiro gol, logrado por Rivas cun disparo dende o bordo a área que se coa pola escuadra de Michi.
C. D. LALÍN (0): Michi, Gus, Jorge, Imanol, Matías (Ferreiro, min. 73), Romero (Brais, min. 73), Maceiro (Iván, min. 45), José Ramón, Kevin (Aitor, min. 56), Rubén Méndez e Manu.
AROSA, S.C. (3): Jorge, Juan Laíño, Santi, Rubén Carreira (Juan Carlos, min. 82), Roberto (Borja, min. 88), Rivas, Eloy (José Ramón, min. 72), Comesaña, ÿscar, Camiño e Fernando (Hugo, min. 65).
Goles: (0-1) Min. 16: Fernando. (0-2) Min. 30 Adrián Camiño. (0-3) Min. 54: Rivas.
Árbitro: José González Lazare (Lugo). Amoestou a Kevin e Rubén Carreira. Expulsou a Manu (minuto 84) por dobre amarela.
Incidencias: Campo Manuel Anxo Cortizo. Uns douscentos espectadores.