Importante triunfo do Villalonga ante un rival directo, o Pontellas (4-2)
Por Redacción
O Villalonga mantense na pelexa polo ascenso á Terceira División despois de dobregar en San Pedro un rival directo como o Pontellas (4-2), terceiro clasificado.
O conxunto celeste protagonizou un encontro notable para situarse a un punto dese terceiro posto e manterse a seis da zona de ascenso directo.
Adiantáronse os de Julián Ferreiro cun tanto de Machu, ao que respondeu o Pontellas co empate poucos minutos despois, pero as táboas apenas mantivéronse e antes do descanso o Villalonga mandaba de novo grazas a un gol de Caamaño.
Xa no segundo acto os celestes sentenciaron cos goles de Cuqui, de penalti, e Saúl antes de que Comis maquillase o resultado para os visitantes nos últimos minutos do encontro.
VILLALONGA FC (4): Lloves, Gabi, Cristóbal, Manu, Caamaño (Héctor, min.78), Cuqui (Martín, min.78), Saúl (Giao, min.71), Machu, Adrián Santos, Arias, Antonio.
CD PONTELLAS (2): Álex Arias, Adrián, Barros, Lucas, Diego Blanco, Comis, Álex Fernández (José, min.63), Jesús Martínez (Yonay, min.81), Brian (Cristian, min.69), Couñago (Miguel, min.76), Jesús de la Iglesia.
Árbitro: Calderón Pérez (Ferrol). Amoestou aos locais Machu, Adrián Santos, Arias e Antonio e ao visitante Jesús de la Iglesia.
Goles: 1-0 Machu, min.13; 1-1 Brian, min.24; 2-1 Caamaño, min.39; 3-1 Cuqui, de penalti, min.57; 4-1 Saúl, min.69; 4-2 Comis, min.80.
Incidencias: Partido disputado no campo de San Pedro, Vilalonga.