Fin de liga para os equipos do Club Voleibol Pontevedra
Por Redacción
Despedida agridoce do Club Voleibol Pontevedra na xornada final das ligas galegas.
O conxunto masculino volveu sumar un triunfo na casa, esta vez ante o Burgasvoley ourensán (3-2), mostrando a súa melloría tras a volta ao club de varios xogadores que xa formaran parte deste.
A pesar dos últimos resultados positivos, os rapaces finalizaron a liga regular na novena posición.
Dous postos máis arriba, na sétima praza, concluíu o equipo feminino do Club Voleibol Pontevedra, despois de caer no partido final ante o Voleibol Ourense (3-0).
FASE ZONAL XUVENIL FEMININA
Por outra banda o equipo xuvenil feminino do club pontevedrés non logrou clasificarse para a Fase de Promoción á Liga Galega, tras finalizar en cuarto lugar do zonal disputado na cidade de Lérez o pasado fin de semana.
O Dompa Gestión foi o vencedor deste sector, seguido do Concepción Arenal.