![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/5d3/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/666b0c5f58-53788956250_20cf80a579_k.jpg)
© Real Federación Española de Piragüismo
Antía Jácome proclámase campioa de Europa en C2 200, e Manuel Fontán e Adrián Sieiro logran o bronce
![Almu](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/ea8/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/5e90aef8d7-_noc0208.jpg)
Por Almu Dapena
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/2d6/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/666dc7652d-448340700_891933296294254_6773582713393161267_n.jpg)
© Canoe Europe
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/f28/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjK0UipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0inJL1CyrgUA_/666ec30b1f-448509764_892097582944492_6391299104318263328_n.jpg)
© Canoe Europe
Xornada de sábado enche de éxitos para a armada pontevedresa no Campionato de Europa de Sprint Olímpico que se está disputando na localidade húngara de Szeged.
Antía Jácome, xunto á madrileña María Corbera, proclamouse campioa de Europa no C-2 200 feminino, mentres que a dupla de O Muíño formada por Manuel Fontán e Adrián Sieiro colgáronse a medalla de bronce no C-2 200 masculino.
Con todo, o día non arrincou da mellor maneira para Jácome e Corbera e quedaron ás portas do podio na final do C-2 500 a +2.197 das húngaras Agnes Kiss e Bianka Nagy. Segundas foron as polacas Sylwia Szczerbinska e Dorota Borowska, e terceiras as rusas Anhelina Bardanouskaya e Volha Klimava.
Pola tarde, en cambio, chegaron os metais. As españolas quitáronse a espiña e asinaron unha espectacular carreira no C-2 200 que se decidiu por moi pouco. Antía e Jácome cruzaron a liña de meta en primeira posición cun tempo de 44.976 e a tan só 0.380 das polacas. Nesta ocasión, as húngaras foron terceiras a +0.466.
No caso de Manuel Fontán e Adrián Sieiro, asinaron un terceiro posto no C-2 200 masculino quedando a +0.667 dos rusos Alexey Korovashkov e Ivan Shtyl, que foron primeiros. A segunda praza do podio foi para os polacos Aleksander Kitewski e Oleksii Koliadych (+0.320).
O Europeo Sprint de Piragüismo finaliza este domingo 16 de xuño.
@antiajacc & @mariacorbera tienen un mensaje para vosotros. #SomosPalistas | #CanoESP pic.twitter.com/KG7OQ7TYIW
— PiragüismoEspaña (@RFEPiraguismo) June 15, 2024
Relacionadas:
-
Antía Jácome, subcampioa de Europa en C1 200
Por Almu Dapena |
-
Antía Jácome lidera un prometedor debut no Europeo para o piragüismo pontevedrés
Por Redacción |
-
Dobre billete europeo para Tono Campos e Diego Romero no Campionato de España Piragüismo Maratón
Por Redacción |
-
Diego Domínguez clasifícase para os Xogos Olímpicos
Por Almu Dapena | Creada e actualizada
-
Antía Jácome gaña o C-1 200 do Selectivo e fará dobrete nos Xogos Olímpicos de París
Por Diego Espiño |