Intensa fin de semana de boxeo en Marín
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Está claro que o boxeo é un dos deportes que reina no Concello de Marín e proba diso está a ser a celebración da cuarta edición do IV Open Villa de Marín.
Desde o venres 17 e ata o domingo 19 de maio o pavillón do SEI San Narciso é escenario deste torneo que xa é historia tanto a nivel galego como a nivel nacional.
E é que cos seus preto de 320 deportistas apuntados, o evento organizado polo Team Thunder converteuse no máis numeroso da historia do boxeo galego e un dos máis importantes no panorama español.
En total son 200 combates nos que participarán boxeadores de España, Portugal e Francia, 15 comunidades autónomas e un total de 55 clubs.
A cita é aberta ao público e pode presenciarse no pavillón marinense en horario matinal de 10:30 a 14:00 e pola tarde de 16:00 a 20:00 horas.
Imaxes do IV Open Villa de Marín de boxeo
O pavillón do SEI San Narciso convértese desde o 17 ao 19 de maio en escenario da cuarta edición do Open Villa de Marín de boxeo
© Cristina Saiz