Silvia Aguete e dúas xogadoras do Poio Pescamar, convocadas por España para un torneo cuadrangular en Portugal
Por Redacción
O último gran compromiso internacional da tempada para a Selección Española de Fútbol Sala terá unha importante representación pontevedresa.
A seleccionadora nacional absoluta, Clàudia Pons fixo oficial este luns a convocatoria para o torneo cuadrangular que España xogará entre o 16 e o 19 de marzo en Portugal fronte ao combinado luso e as seleccións de Brasil e Xapón.
Un torneo da máxima esixencia que non se perderá a gardameta pontevedresa Silvia Aguete, actualmente nas filas do Torreblanca Melila.
Ademais o Poio Pescamar achegará dúas futbolistas á Selección, como son Ale de Paz e Laura Uña.
— Selección Española Femenina de Fútbol (@SEFutbolFem) March 4, 2024
Clàudia Pons da la lista para los encuentros ante Brasil, Portugal y Japón
16, 17 y 19 de marzo
https://t.co/KwRoSfiKjU#FutsalEspaña pic.twitter.com/GSDlfY7Kox
A concentración do equipo nacional arrincará o domingo 10 de marzo, tras a xornada na que o conxunto conserveiro xogará na pista do Ourense, estando previstos os seus partidos para o sábado 16 fronte a Brasil (21.00 horas), o domingo 17 contra Portugal (21.00 horas) e o martes 19 ante Xapón (17.00 horas).
Clàudia Pons convocou a 16 futbolistas.
Relacionadas:
-
A pontevedresa Silvia Aguete convértese na porteira con máis partidos na Selección Española
Por Diego Espiño |
-
Dous goles no segundo tempo para asaltar os postos de play-off
Por Almu Dapena |
-
Triunfo de ouro do Poio Pescamar para soñar co play-off (0-3)
Por Almu Dapena |
-
Recepción provincial ao Poio Pescamar: "Sodes exemplo e espello"
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Recital goleador na Seca e triunfo para o Poio Pescamar ante o Viaxes Amarelle (5-4)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Marta Peñalver rompe o cruzado do seu outro xeonllo once días despois de volver xogar
Por Diego Espiño |