Derrota do Pontevedra B ante o Barbadás nun duelo crucial para a permanencia (2-0)
Por Redacción
A permanencia en Terceira Federación complícase un pouquiño máis para o Pontevedra B, que caeu ante o Barbadás por 2-0 no que era un enfrontamento directo na loita por manter a categoría. Ademais, non estivo exento de polémica.
De feito, o primeiro gol do equipo local foi moi protestado polos xogadores granates, que reclamaron fóra de xogo de Nespereira tras unha falta colgada ás costas da defensa que rematou completamente só.
Buscou a reacción o filial granate, pero o segundo gol do Barbadás non tardou en chegar. Centro de Sergio Cuña, Gabi Carvalho adiantouse ao seu defensor e só tivo que meter o pé para subir o 2-0.
Jaichenco probaba fortuna para o Pontevedra cunha falta ao bordo da área que se ía alta, e o equipo ourensán seguía tentando ampliar a vantaxe con envíos laterais.
Na segunda metade, o equipo adestrado por Jesús Ramos deu un paso adiante coa intención de reverter a situación. Hugo Padín tentouno cun disparo demasiado frouxo, e minutos despois fixo o propio Toni Otero, que se revolveu dentro da área e sacou un potente tiro que obrigou a estirada do Borja Atanes.
Xa nos últimos minutos, co Pontevedra completamente envorcado en tarefas ofensivas, o Barbadás dispuxo de dúas xogadas claras para facer o 3-0. Primeiro cun contragolpe ao que case chega Joao Carvalho, e finalmente cun cabezazo de Pablo Nogueiras que evitou Carlos García.
Este resultado mantén ao filial granate en penúltima posición con 20 puntos, a 4 do Viveiro (24) e 6 do Barbadás (26), que polo momento se mantén fóra do descenso. Último está o Arzúa con 7 puntos.
Consulta a acta nesta ligazón
Relacionadas:
-
Derrota na Estrada para un Pontevedra B que cada vez ve máis lonxe a permanencia (2-1)
Por Redacción |
-
Tropezón do Pontevedra B ante o Silva (2-3)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Dobrete de Lansande para amargar a tarde ao Pontevedra B
Por Redacción |
-
Casais, de penalti, dá tres puntos vitais ao Pontevedra B
Por Redacción |
-
Derrota ante o Rápido de Bouzas dun Pontevedra B que acumula tres xornadas sen puntuar (0-3)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Arteixo sentencia o Pontevedra B no primeiro tempo (0-2)
Por Redacción & Cristina Saiz |