O último tren cara ao play-off do Poio Pescamar pasa por Alcorcón
Por Redacción
Xornada clave para o Poio Pescamar na súa pelexa para volver xogar o play-off polo título de liga.
O conxunto conserveiro, quinto na táboa con 36 puntos, pon a proba a súa recuperación visitando a un Alcorcón que con 42 puntos ocupa a última das prazas que darían acceso a pelexar polo campionato.
Unha auténtica final a deste sábado (16.00 horas) para as xogadoras adestradas por Luis López-Tulla, que encadean catro triunfos consecutivos en liga cando restan 10 xornadas.
Pola súa banda o Alcorcón, aínda que chega á cita tras sufrir unha derrota na pista do Alcantarilla, mostrouse intratable esta campaña como local con nove triunfos e só un empate (contra o líder Burela). É de feito o terceiro máximo goleador e o equipo menos goleado.
O MARÍN, NA CASA
Será unha xornada importante tamén para o Marín Futsal, no seu caso para tentar aumentar as súas opcións de permanencia na máxima categoría.
O cadro marinense, a seis puntos da zona de salvación, recibirá na Raña (17.00 horas) a un rival de media táboa, o Futsal Alcantarilla.
Ramiro Díaz terá a todo o plantel dispoñible para o envite.
Relacionadas:
-
Dous goles no segundo tempo para asaltar os postos de play-off
Por Almu Dapena |
-
O Marín Futsal sofre un novo revés na Raña (4-7)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Triunfo de ouro do Poio Pescamar para soñar co play-off (0-3)
Por Almu Dapena |
-
Recepción provincial ao Poio Pescamar: "Sodes exemplo e espello"
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Contundente derrota do Marín Futsal contra o Melilla Torreblanca (7-1)
Por Redacción |
-
Recital goleador na Seca e triunfo para o Poio Pescamar ante o Viaxes Amarelle (5-4)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Marta Peñalver rompe o cruzado do seu outro xeonllo once días despois de volver xogar
Por Diego Espiño |