Yago Iglesias apunta ao mes de marzo como "clave" en "unha liga de dez xornadas" cara ao ascenso
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol quere volver á senda da vitoria na súa visita o domingo 3 de marzo (12.00 horas) ao feudo do Real Oviedo Vetusta, un partido que "preparamos a conciencia", recoñeceu este venres o adestrador granate, Yago Iglesias.
Para o técnico "podemos xa falar dunha liga de dez partidos" co obxectivo do ascenso, pero "hai que relativizar todo", avisa, e é que os tres candidatos ao primeiro posto deixarán aínda puntos polo camiño. "Se analizamos as dez últimas xornadas das dúas tempadas de Segunda RFEF non houbo ningún equipo que sumase máis de 20 puntos", analiza.
Por todo iso "a experiencia dinos que hai que centrarse no partido a partido", aínda que recoñece que "este mes vai ser clave", afirma sobre o mes de marzo.
Yago poderá contar con todo o plantel á súa disposición para medirse ao filial ovetense, un equipo que "a nivel de xogo é moi dinámico, físico en relación á velocidade e á chispa, e que nos vai a obrigar a estar moi concentrados á hora de defender".
Ademais, alertou o preparador granate, o Oviedo Vetusta "o último mes rendeu a un nivel altísimo", como demostran os tres triunfos consecutivos (Cayón, Guijuelo e Coruxo) cos que chegan ao duelo fronte ao Pontevedra.
Relacionadas:
-
A mala sorte do Oviedo Vetusta, aliada do Pontevedra (2-3)
Por Almu Dapena |
-
Yelko Pino: "Despois de cada derrota o equipo saíu reforzado"
Por Diego Espiño |
-
Dez xornadas de infarto para decidir o ascenso: este é o camiño de Pontevedra, Ourense e Zamora
Por Diego Espiño |
-
Paso atrás do Pontevedra, que perde o liderado ante o Zamora (1-3)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |