O Teucro gaña con autoridade o Porriño para colocarse terceiro (37-25)
Por Redacción & Cristina Saiz
A Sociedad Deportiva Teucro volveu a gañar con autoridade diante da súa afección para ascender á terceira praza da clasificación empatado a 32 puntos co OAR Coruña, segundo clasificado.
O conxunto pontevedrés volveu ser o completo dominador do encontro e é que aos 10 minutos xa fixeran un parcial de 10-4 que complicaba as cousas a un Porriño incapaz de axustar a súa defensa.
O técnico local parou o cronómetro aos 13 minutos (11-5) para deter a hemorraxia e logrou conter o resultado, pero a exclusión de David Moreiras aproveitouna o Teucro para facerse coa maior vantaxe ata o momento (18-11). Dani Vicente non acertou desde as sete metros o que puido ser o 19-11, e Xosé Canedo, cun dobrete, recortou diferenzas (18-13).
Quedaban 5 minutos para o descanso e Irene Vilaboa parou o cronómetro, pero en lugar de atopar a maneira de facer máis dano tívose que conformar con manter esa vantaxe de cinco goles ao finalizar o primeiro tempo (21-16).
Tras o intermedio non tardou o equipo lerezano en abrir unha brecha maior. De feito, nos instantes iniciais do segundo tempo asinaron un parcial de 5-1 que obrigaba de novo ao técnico de Porriño a pedir tempo morto, pero no intento de reacción dos seus xogadores, Xurxo Rivas e Dani Vicente sentenciáronos por completo a falta de 20 minutos para a conclusión (29-18).
Xa nada podía facer o equipo visitante. As forzas forzas esgotáronse e o Teucro seguiu facendo das súas para sumar outro importante e avultado triunfo por 37-25.
Consulta as estatísticas nesta ligazón
Relacionadas:
-
O Teucro sorprende o líder Lanzarote cun gol case sobre a bucina (31-31)
Por Redacción |
-
Un Teucro con moito 'Ingenio' (34-31)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Folgada vitoria do Teucro ante o Tejina para seguir a un ritmo imparable (19-26)
Por Redacción |
-
As 'Guerreiras' e os 'Hispanos' xogarán esta primavera en Porriño e Lalín mentras que Pontevedra acollerá a Copa 5x5 de balonmán na rúa
Por Oskar Viéitez |
-
Solvente segunda metade do Teucro para superar ao Carballal (25-33)
Por Redacción |
-
Sufrido triunfo do Teucro ante un Bueu que morreu na beira (32-27)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Sancionan o Teucro por "comentarios ofensivos" contra a arbitraxe e a Federación durante unha retransmisión por streaming
Por Diego Espiño |
-
O Teucro aférrase á vitoria ante o Ribeiro (26-23)
Por Redacción & Cristina Saiz |