Baño de metais para o taekwondo pontevedrés no Campionato de España de Combate
Por Redacción
Gran papel o protagonizado polos deportistas pontevedreses no Campionato de España de Taekwondo celebrado durante a fin de semana en Málaga, colaborando no subcampionato nacional por equipos de Galicia nas clasificacións masculina, feminina e xeral.
Entre os resultados conseguidos destacan as medallas de ouro de Sergio Troitiño (-87, Mat´s) e Iván García (+87, Mat´s), sobre todo no segundo deles por competir cun importante arrefriado.
Non foi impedimento para que Iván superase tres combates vencendo a Víctor García (Madrid), a Juan de Quintana (Cantabria) e na final a Andreu Pérez (Cataluña) para subir ao caixón máis alto do podio.
Pola súa banda Troitiño comezou a súa participación vencendo a Javier Chicote en dous asaltos, mentres que avanzou na semifinal fronte a Ismael Omer Akbulut (Cataluña) pola retirada por lesión do seu rival. Xa na pelexa polo ouro, impúxose a Lucas Llopis (Cataluña) para facerse co campionato e de paso asegurar os puntos necesarios para acudir ao próximo Europeo.
Tamén brillou en Málaga a pontevedresa Sara Cortegoso (Mace Sport) en -46 quilos. Venceu no seu debut en dous asaltos a Amy Rosean Arina Mair (Castela-León) e despois fixo o mesmo coa madrileña Laura García e coa andaluza Ana Jiménez para chegar á gran final, onde cedeu ante Sofía García (Madrid) tendo que conformarse coa medalla de prata.
Ademais saborearon o bronce Arlet Ortiz (Mat's) en -57 quilos e Silvia Otero (Mat's), á que só a subcampioa olímpica Adriana Cerezo apartou da final.
Relacionadas:
-
Ouro e clasificación para o Europeo de taekwondo para Sergio Troitiño e Sara Cortegoso, bronce en Bélgica
Por Redacción |
-
Sergio Troitiño e Iván García, ouro e bronce no Open de Bulgaria
Por Almu Dapena |
-
Grandes resultados para o taekwondo pontevedrés no Campionato de España de clubs
Por Redacción |
-
Iván García e Sergio Troitiño levan o ouro no Open de Suecia de taekwondo
Por Redacción |
-
Iván García queda a un segundo do ouro no Drácula Open de Bucarest
Por Redacción |