O festival SonRías Baixas, finalista dos Premios Fest
Por Redacción
Premios Fest acaba de revelar os finalistas e categorías da súa décima edición, prevista para celebrarse o próximo 25 de outubro en Bilbao enmarcada dentro da programación de Bime Live!
O Festival SonRías Baixas foi un dos tres elixidos dentro da categoría de Festival de Pequeno Formato, compartindo final co festival Metrópoli e o madrileño Tomavistas.
Este ano as votacións de Premios Fest corren a cargo dun jurado profesional integrado por personalidades de relevancia na industria musical (membros de asociacións da industria musical, medios de comunicación, expertos en innovación e sostibilidade ou artistas).
A convocatoria alcanzou unha cifra de inscricións superior aos 140 eventos de todos os formatos e de todos os puntos do estado.