Gisele Jackson and The Shu Shu's prende A Ferrería
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez
A Praza da Ferraría acolleu esta noite de luns o concertó de Gisele Jackson, unha das voces máis relevantes da música afroamericana actual.
Gisele Jackson naceu en Baltimore e iniciou a súa carreira no ámbito do soul clásico.
A súa música, que non deixa a ninguén indiferente, é unha persoalísima mestura de soul clásico, funk, blues de Memphis e órgano Hammond, aderezado todo cunhas pingas de house e dance.
Estivo acompañada no escenario pola súa banda habitual The Shu Shu`s, formada por David Wilkinson á guitarra, Abel Boquera no órgano Hammond e Caspar St. Charles na batería.
Cando aínda era unha estudante de primeiro ano na Universidade de Howard, xa actuaba en escenarios de Washington coa súa primeira banda de soul, pero alcanzou verdadeira notoriedade sendo aínda moi nova, cando Ray Charles, no apoxeo da súa carreira, decidiu incorporala á súa banda, converténdoa nunha raelette. Donna Summer e James Brown, tamén contaron coa súa espectacular voz en numerosas gravacións e actuacións en directo.
Gisele Jackson levou a cabo xiras por Asia, América, Europa e África. Cantou nos clubs máis importantes de EEUU, e actuou en actos de primeiro nivel, como na toma de posesión do presidente Bill Clinton e en varias cerimonias de Hollywood.
Na súa prolífica carreira foi recrutada para ser abreconcertos de artistas da talla de Tito Puente, Bette Midler, The Commodores ou B-52. Tamén apareceu na gran pantalla, cantando na afamada película “O Club das Primeiras Esposas”, e na televisión protagonizou unha campaña comercial global para Johnnie Walker.
A revista Billboard elevouna á categoría de diva por mor do seu gran éxito mundial, o clásico de baile Love Commandments, un single que alcanzou o número tres na lista de baile de Billboard, catapultando a Gisele ao olimpo da música house e dance.
Tamén actuou con frecuencia en Broadway, formando parte do cartel dalgúns famosos musicais, como Dream Girls, The Wiz, Purlie ou Carmen Jones.
Relacionadas:
-
O festival de jazz baixa o pano coa actuación da banda pontevedresa Mr. River Night Court
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
RADIO.- O jazz rock fusión de Mr River despedirá esta edición do Festival Internacional de Jazz e Blues
Por Marisa Ciordia |
-
Vanessa Collier impresiona na terceira velada de jazz da Ferrería
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Acantha Lang impregna soul, blues e elegancia na segunda noite de jazz
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Do 7 ao 11 de agosto, blues e soul vibrarán na Ferrería no 29º Festival Internacional de Jazz e Blues
Por Anxo Lourido |
-
Carolyn Wonderland causa baixa no Festival de Jazz e será substituída por Gisele Jackson and The Shu Shu's
Por Anxo Lourido |