Os máis novos da Banda de Salcedo deron un concerto na Alameda
Por Redacción
A asociación cultural San Martiño, da que forma parte a Banda de Música de Salcedo, propón tres xornadas de música festiva nas que prometen máis dunha sorpresa polo seu 35 aniversario
O colectivo pontevedrés, cumpre 35 anos como entidade, e celebrará este aniversario por todo o alto.
Así, a programación comezou este sábado na Alameda cos concertos da Banda de Música Xuvenil de Salcedo e da Banda de Música Xuvenil da escola da Banda A Unión de Guláns.
Para este domingo, 9 de xullo, o Teatro Principal acollerá, ás 20.00 horas, o concerto de corais, coa Coral de Poio, a Polifónica de Barro e a Polifónica de Salcedo.
Xa para o vindeiro sábado, 15 de xullo, de novo na Alameda ás 20.30 horas está programado o concerto da Banda de Música ‘Belas Artes’ de Cangas e da Banda de Música de Salcedo. Será a estrea da muiñeira Muiñadas do Batán, composta por Carlos Rodríguez, membro da Banda e fundador.
Ao igual que o resto de actividades incluídas na programación especial do verán, todos os concertos do ciclo serán abertos ao público.