Monte Porreiro vibrará cos ritmos urbanos de Bejo, Rebeliom do Inframundo, Lamatumbá e Dakidarría
Por Alejandro Espiño
Os amantes da música urbana volverán ter como referencia este verán o parque do miradoiro de Monte Porreiro. Alí celebrarase, os días 8 e 9 de agosto, unha nova edición do ciclo Urbana Monte Porreiro, un programa incluído nas Festas de Verán de Pontevedra.
Serán, nesta ocasión, catro concertos repartidos nestes dous días, desde as 21:00 horas.
O martes 8 de agosto abrirán o ciclo Bejo e Rebeliom do Inframundo.
O rapero tinerfeño Borja Jiménez, como artisticamente como Bejo, coa súa persoal forma de rapear, as súas xoguetonas e parsimoniosas rimas, os seus malabares coas palabras, o seu flow vacilón e a súa peculiar imaxe permitíronlle converterse nunha referencia da música urbana española.
Desde Ponteareas chegará Rebeliom do Inframundo, unha banda galega de rap combativo que acaba de editar ou seu cuarto disco, Amor ou barbárie, no que despregan letras profundas, punzantes, con crítica social e persoal e gran variedade de flows
Lamatumbá e Dakidarría serán, pola súa banda, a aposta musical para o segundo día deste ciclo, o mércores 9 de agosto.
Os ourensáns Lamatumbá, con máis de vinte anos de traxectoria artística, traerá a Pontevedra a súa combinación de múltiples estilos, todo iso desde un son fiestero e verbenero.
Dakidarría, pola súa banda, é un dos grupos máis recoñecidos da música galega actual. Chegarán desde o seu Val Miñor natal coa súa aposta polo ska, reggae, ritmos urbanos e punk-rock. Colaxe, editado o pasado ano, é ata o de agora o seu último disco editado.
Todos os concertos, como o resto das actividades das Festas de Verán, son gratuítos.
Relacionadas:
-
Bejo e Rebeliom do Inframundo fan estremecer Monte Porreiro
Por Redacción |
-
RADIO.- Este é o 'Chapoteo' que tes que dar este verán e vén con Trendy Soft Soda
Por Marisa Ciordia |
-
Fillas de Cassandra, A Banda da Loba, Leilía e Sés porán 'voz de muller' ás Festas de Verán
Por Alejandro Espiño |
-
Carolyn Wonderland, Acantha Lang e Vanessa Collier, as estrelas internacionais para o Festival de Jazz e Blues
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra busca ser un "fervedoiro" cunhas Festas de Verán convertidas no 'Pontevedra Verán Fest'
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Vanesa Martín, La M.O.D.A., Cruz Cafuné, Pimpinela, Recycled J ou Baiuca, nas Festas da Peregrina
Por Alejandro Espiño |
-
O Festival de Jazz de Pontevedra cambia xullo por agosto e será a antesala das Festas da Peregrina
Por Alejandro Espiño |