A exposición de Agnès Varda no Pazo da Cultura complétase coa edición dun catálogo sobre a creadora
Por Redacción
O Pazo da Cultura de Pontevedra acollía en 2018 a exposición 'Variacións ao redor do mar', un espazo que recollía elementos destacados do traballo de Agnés Varda como referente do movemento nouvelle vague.
Aquela mostra realizábase grazas á colaboración entre a Deputación de Pontevedra, o Concello pontevedrés e a Universidade de Vigo, que contactaron co Instituto Francés para mostrar as obras.
Carmela Silva, presidenta provincial, e Manuel Morquecho, responsable cultural da Universidade de Vigo, presentan agora o catálogo coordinado polos servizos de Igualdade, Comunicación Institucional e Servizos Lingüísticos da Deputación.
Exemplares deste documento serán remitidos a todas as institucións que colaboraron no proxecto e á comisaria Julia Fabry, que tamén era asistente da artista, falecida en 2019.
Naquela mostra recollíanse paisaxes marítimas e os rostros das viúvas do mar baixo a perspectiva dunha artista que se caracterizou por ser unha defensora da liberdade creativa e do cinema feminista e elaborado por mulleres.
Na exposición recollíanse cen fotografas, un ciclo de cinema e nove instalacións de vídeo. No catálogo ofrécese unha visión sobre o traballo de Agnès Varda ofrecendo a realidade dos colectivos máis desfavorecidos da sociedade.