A asociación Armadiña prepara unha nova exposición fotográfica sobre a beleza de Combarro
A asociación Armadiña prepara 'Paseando por Combarro', unha nova exposición fotográfica que comezará o 22 de febrero e rematará o 22 de abril.
Esta exposición está ligada ao proxecto do Museo de Combarro e nela colaboran o Concello de Poio e a hostalaría local de Combarro.
Exponerase nos cinco seguintes establecementos hosteleiros: O Rincón do Café, Arroyo, Tintanegra, O Peirao e a partires de marzo, O Bocoi.
A exposición amosa a obra dos asistentes ao 'Curso de Fotografía Aplicada ao Patrimonio', desenvolvido o pasado ano no Fogar Armadiña, que foi monitorizado polo fotógrafo Carlos Novodiastok.
A través da súa obra, os fotógrafos participantes amosan a beleza que Combarro ofrece aos seus visitantes. As imaxes son unha invitación a adentrarse na historia e na cultura da vila, a través das miradas dos artistas.