A nova mostra de Menchu Abril preséntase este venres no Granero Delmas
A sala de exposicións do Granero Delmas acolle unha mostra da artista Menchu Abril, que presentará a colección este venres ás 19:30 horas. Unha das peculiaridades da exposición é a ausencia dun título por parte da autora, xa que a obra mostra varios estilos pictóricos diferentes entre si, con temáticas diversas e a muller como elemento principal.
A artista explica que se mostra á muller como unha persoa sinxela, auténtica e intimista, cun chisco de indefinición pero con forza. Dende a galería conclúen a definición da obra comentando que eleva o vulgar á categoría de arte.
En canto á súa traxectoria, Menchu Abril é unha pintora autodidacta formada en óleo en Carmelitas de León, lugar do que provén. En canto ao seu estilo, explica que pasou dunha pincelada exacta, puntual e precisa propia do realismo, a unha máis desdebuxada logrando un impresionismo moderno.
Por outra banda, a artista conta con varias obras enmarcadas na corrente francesa do art decó, debido á súa proximidade con Francia nos 18 anos en que residiu en Bilbao.