Un século de arte en Galicia móstrase no Café Moderno
Por Redacción
A Fundación Novacaixagalicia abre dende este luns 11 as portas no Café Moderno da exposición "Da fantasía á realidade. Pintura en Galicia de 1833 a 1936". Trátase dun proxecto expositivo integrado por fondos tanto da Colección de Arte da Fundación Novacaixagalicia coma da colección de Novagalicia Banco.
A través de 28 obras obsérvase a internacionalidade e modernidade da pintura galega no período comprendido entre 1833 e 1936. A directora de Artes Plásticas da Fundación Novacaixagalicia, Paloma Vela, explicou durante a presentación que o comisario José Manuel García Iglesias propón un discurso expositivo agrupado en función da temática representada: "A terra", "a xente" e "A vida"conforman os tres núcleos sobre os que se asenta a mostra.
En "A terra", inclúense creacións sobre a paisaxe galega, que ofrecen tanto unha visión idealizadora ou con trazos impresionistas e tamén unha mirada máis realista. En "A xente" exponse a forma en que os autores buscan a representación dos seus modelos, ás veces, con distanciamento e outras cun toque moi realista. E xa por último, en "A vida" ofrécense ritos e tradicións da sociedade dende un punto de vista costumista con romaxes ou traballos diarios.
Máis de 600 escolares están anotados xa aos obradoiros para rapaces nos que os pequenos poden achegarse á arte da paisaxe e o retrato vistas desde o Romanticismo, a Vangarda, o Realismo, o Rexionalismo ou o Impresionismo.
A mostra poderase visitar ata o 1 de febreiro e poderá ser visitada de luns a venres de 17:30 a 20:30 e os sábados de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 horas.
FUTURO DA FUNDACIÿN NOVACAIXAGALICIA
Sobre o futuro da Fundación Novacaixagalicia, a directora de Artes Plásticas, Paloma Vela, sinalou que "no hay ninguna duda sobre el futuro porque la colección pertenece a la Fundación y no está en riesgo inmimente y con la colección se va a seguir funcionando como hasta ahora, difundiéndola a través de nuestra exposiciones y de otras ajenas que nos piden fondos para alimentar sus exposiciones. No hay riesgo inminente ni a medio plazo y la Fundación no tiene riesgo ni de ser vendida ni de desaparecer".