‘Mulleres. Entre Renoir e Sorolla’ inaugurase o 5 de agosto no Edificio Castelao
Por Redacción
A exposición que leva por título 'Mulleres. Entre Renoir e Sorolla' inaugurarase o xoves 5 de agosto no Edificio Castelao do Museo para presentar o universo feminino, en formas tradicionais e nas conquistas de dereitos da muller que se producen durante os séculos XIX e XX.
Ata o 17 de outubro poderase visitar esta exposición, comisariada por Helena Alonso, con creacións de artistas da talla de Renoir, Sorolla, Casas, Nonell ou Rusiñol.
A mostra ofrecerá óleos, gouaches, debuxos e esculturas en bronce e mármore que pertencen a unha das coleccións privadas máis relevantes, a da Fundación Fran Daurel.
Nas obras, a muller aparece relacionada con facetas de traballo no campo ou no mar e tamén en ámbitos intelectuais ou deportivos, recollendo a evolución co paso das décadas.