Pontevedra celebra a Semana Internacional dos Arquivos coa exposición 'A Moureira: o vello barrio mariñeiro'
Por Redacción & Mónica Patxot
O Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra celebrou, un ano máis, a Semana Internacional dos Arquivos baixo o lema: Empoderar los Archivos.
Foi o venres 11 de xuño e comezou ás 12:00 horas cunha xornada de portas abertas na que realizaron unha visita guiada na Casa de los Fonseca, no Paseo de Colón, para ensinar documentos e fotografías sobre 'A Moureira: o vello barrio mariñeiro'.
A celebración concluíu ás 19:00 horas coa conferencia impartida polo ex-director do Arquivo Municipal de Pontevedra, Enrique Sotelo Resurrección, e cunha velada musical de Canción española do século XVII interpretada por Ana J. Sánchez Barreiro acompañada á guitarra por Francisco Javier González-Abraldes Iglesias.
Enrique Sotelo é licenciado en Filosofía e Letras (especialidade Historia) pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou en diversos arquivos e desde 1994 desenvolveu o seu labor no arquivo municipal de Pontevedra, en calidade de Xefe de Servizo, ata a súa xubilación o pasado 2019.
Conta con varios artigos sobre a cidade como: Un paseo pola muralla pontevedresa, Breve recensión histórica do barrio de San Roque, Informe sobre o convento de Santo Domingo, O edificio municipal da Praza da Verdura, Fuentes documentais para a historia de Pontevedra... O que o converte nun especialista coñecedor da vida dos barrios pontevedreses.