Novos Cinemas inicia a súa quinta edición coa 'Lúa vermella'
Por Mónica Patxot & Redacción
Comezou a quinta edición xa de Novos Cinemas, o Festival de Cine Internacional de Pontevedra. Coma sempre, o photocall das persoas invitadas no Teatro Principal deu inicio a un acto con intervencións da dirección do festival e das autoridades asistentes.
Daniel Froiz e Suso Novás, responsables deste evento cinematográfico que durará ata o domingo 20, foron os encargados de explicar as novidades desta edición marcada pola pandemia. Tras eles, interviron Manuel Morquecho, director da Área de Extensión Cultural do campus de Pontevedra; Jacobo Sutil, director da Agadic; Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra; Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra e, por último, Lois Patiño, director de 'Lúa Vermella', a película que inaugura o festival este ano.
Tras o visionado, Patiño mantivo un encontro cos asistentes para comentar os detalles da súa obra.
Durante este mércores, Novos Cinemas 05 ofrecerá unha proxección para estudantes de bacharelato de Pontevedra do filme 'Dorothé na Vila', coa presenza dos seus directores Olaia Tubío e Alejandro Gándar. Tamén durante este día 16 poderá verse a estrea española de 'Fortezza', de Ludovica Andò e Emiliano Aiello, dentro da Sección Oficial.
As entradas para asistir ás proxeccións de pago poden adquirirse a través de ataquilla.com ou no despacho de billetes do Teatro Principal de Pontevedra a partir de dúas horas antes do inicio de cada unha das sesións, tamén con peche de despacho de billetes unha hora antes do comezo do acto, por cuestións de protocolo sanitario.
A organización lembra que as películas da Sección Oficial, Sección Latexos e a selección 'Pasaron por Novos Cinemas' poden verse a través da versión online que o Festival ten aberta na plataforma Filmin.
PROGRAMACIÓN DO MÉRCORES 16
09:30 | Teatro Principal
+NOVOS | Proxección: DOROTHÉ NA VILA, de Olaia Tubío e Alejandro Gándara | Sesión para institutos | Coa presenza dos cineastas
12:30 | Teatro Principal
LATEXOS | Proxección: MAMÁ, MAMÁ, MAMÁ, de Sol Berruezo Pichón-Rivière
15.30 | Teatro Principal
SECCIÓN OFICIAL | THE TROUBLE WITH NATURA, de Illum Jacobi | Estrea en Galicia
18.00 | Teatro Principal
SECCIÓN OFICIAL | IL N'Y AURA PLUS DE NUIT, de Eléanore Weber| Estrea en Galicia
21.00 | Teatro Principal
SECCIÓN OFICIAL | FORTEZZA, de Ludovica Andò e Emiliano Aiello | Estrea en España
Relacionadas:
-
Novos Cinemas celebrará a súa sexta edición do 14 ao 19 de decembro
Por Alejandro Espiño |
-
Premio Novos Cinemas á mellor longametraxe a "Il n'y aura plus de nuit", de Eléonore Weber
Por Cristina Saiz |
-
Este domingo coñecerase o palmarés desta quinta edición de Novos Cinemas
Por Redacción |
-
Nuria Giménez protagoniza este venres o segundo encontro de Novos Cinemas
Por Redacción |
-
As primeiras imaxes de "Welcome to ma maison", en exclusiva para Novos Cinemas
Por Redacción |
-
A proxección de "Lúa Vermella" protagonista da xornada inaugural de Novos Cinemas
Por Redacción |
-
O Festival Novos Cinemas 05 preséntase cun formato adaptado que poderá seguirse a través da plataforma Filmin
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Nove películas competirán na sección oficial da quinta edición de Novos Cinemas
Por Alejandro Espiño |
-
Estes son os cinco proxectos que forman parte do LAB de Novos Cinemas
Por Redacción |