O PP "non logra entender" os motivos para a disolución do organismo autónomo do Pazo da Cultura
Por Redacción
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, e a responsable do departamento de Persoal da formación, Pepa Pardo, mantiveron unha reunión este venres cos portavoces de todos os sindicatos con representación no Concello para abordar a disolución do organismo autónomo do Pazo da Cultura.
Ademais trataron tamén a modificación da relación de postos de traballo e a fundación dun novo servizo municipal que coordinará a actividade.
No pleno do próximo luns debaterase a disolución e supresión do organismo autónomo Pazo de Congresos e Exposicións, polo que Pardo solicitou toda a información relacionada con esta decisión para analizar de forma conxunta cos representantes dos traballadores. "Ningunha das dúas partes lógrao entender", declarou a concelleira sobre as razóns polas que o goberno local decide suprimir este organismo.
Sobre este movemento do goberno local opinou tamén Rafa Domínguez a través das súas redes sociais para denunciar que a disolución do organismo conlevará o despedimento dunha das traballadoras do Pazo. "Este luns Lores e o PSOE van poñer na rúa a unha traballadora que leva máis de vinte anos no Concello. Son indecentes as formas e o fondo da cuestión, nun momento de crise económica. Votaremos en contra desta medida que a deixa abandonada", publicou no seu perfil de Twitter.
A publicación facía referencia a unha publicación de Facebook da propia afectada na que Pilar Portela confirmaba o fin do seu ciclo no Pazo da Cultura.
Relacionadas:
-
O PP pide a dimisión de Carmen Fouces tras a sentenza polo despedimento de Pilar Portela
Por Redacción |
-
O Concello recorrerá a sentenza sobre o cesamento de Pilar Portela ao apreciar "incoherencias"
Por Alejandro Espiño |
-
O despedimento de Pilar Portela foi improcedente e será indemnizada con 127.000 euros
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello disolverá o organismo autónomo Pazo da Cultura o Día dos Inocentes
Por Oskar Viéitez |
-
O Pazo 'absorberá' a actividade cultural do Principal durante as obras de reforma
Por Alejandro Espiño |
-
Un novo servizo municipal coordinará a actividade do Pazo de Cultura e do Teatro Principal
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello de Pontevedra reformará o Teatro Principal e disolverá o organismo autónomo do Pazo da Cultura
Por Oskar Viéitez |