O Museo Torres acolle unha exposición do artista marinense Manuel Santos
Por Redacción
O museo Manuel Torres acolle ata o 31 de outubro unha exposición monográfica do pintor marinense Manuel Santos, que foi presentada este xoves na galería da vila.
As pinturas realistas deste artista local enchen de cor as paredes do museo, das que colgan cadros de toda a súa traxectoria, desde as súas primeiras creacións durante a adolescencia ata as súas últimas creacións, de gran formato.
A postas de sol de Marín, cos seus tons laranxas e azuis, conforman parte da súa obra, que se complementa con imaxes de espidos, escenas familiares, bodegóns e motivos mariñeiros das Rías Baixas.
O autor, que non puido conter a súa emoción durante a presentación da mostra, confesou que a do Museo Torres será unha das exposicións que faga, polo que María Ramallo convidou a toda a cidadanía a gozar de "unha oportunidade imperdible para gozar do talento deste artista".
Relacionadas:
-
Restauran un cadro pintado por Manuel Torres durante a pandemia de 1918
Por Redacción |
-
O Museo Torres de Marín adicará unha das súas salas á arqueoloxía do municipio
Por Redacción |
-
O Museo Manuel Torres de Marín, máis accesible
Por Natalia Puga |
-
A primeira exposición da nova normalidade chegará ao Museo Torres de Marín o 1 de xullo
Por Redacción |