Noite para aterrorizarse na Pedreira con 'Psicose', un clásico imprescindible de Alfred Hitchcock
Por Anxo Lourido
Este venres 7 finalizan as proxeccións ao aire libre do ciclo Cinema na Lúa que se desenvolven na Praza da Pedreira. E que mellor colofón que una das obras mestras de Alfred Hitchcock, 'Psicose' ('Psycho').
Esta película estreábase o 16 de xuño de 1960 en Nova York e converteuse nunha das películas icónicas da historia do cinema deixando escenas inesquecibles dentro do cinema de terror.
Con motivo da celebración do 60 aniversario, o Cineclube Pontevedra aproveita para proxectar esta cinta ao aire libre, en versión orixinal subtitulada e co son da máquina proxectora de 35 milímetros acompañando a banda de son.
Esta película, protagonizada por Anthony Perkins e Janet Leigh, conta a historia dunha secretaria nova Marion Crane que, tras roubar o diñeiro da súa empresa, inicia unha fuga que lle leva ata un motel apartado onde se atopará cun mozo sorprendente, Norman Bates.
A proxección comezará ás 23.00 horas e manteranse as medidas sanitarias establecidas polas autoridades.
Relacionadas:
-
O Cineclube volve ao Teatro Principal recuperando as sesións que tivo que cancelar en marzo
Por Oskar Viéitez |
-
'Cinema na Lúa' recala na praza da Pedreira a partires deste luns
Por Redacción |
-
As festas de Pontevedra ofrecerán máis de 300 actividades para "volver a vivir a cidade"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |