O Atlantic Fest pon rumbo a 2021 cun concerto de La Bien Querida
Por Redacción
O Atlantic Fest estreará finalmente este verán o seu novo escenario. Este 2020 estaba previsto que estrease un novo emprazamento na praia de Concha de Vilagarcía de Arousa, pero o festival tivo que suspenderse pola pandemia do coronavirus, En todo caso, a música si chegará ao recinto. Será o 13 de agosto cun concerto de La Bien Querida.
A cantante bilbaína presentará o seu novo traballo, titulado 'Brujería', en acústico e para un aforo moi reducido para garantir os protocolos sanitarios eservirá para quentar motores para o Atlantic Fest Camiño Xacobeo 2021.
A entrada será gratuíta con invitación e as invitacións para asistir poden conseguirse a través do sorteo en Instagram do festival @atlantic_ fest que xa está activo. As persoas que as consigan poderán gozar por primeira vez do espírito do festival ao aire libre.
Será obrigatorio o uso de máscara e manter sempre a distancia de seguridade. Ademais, estipulouse un protocolo de entrada e saída e rógase ser puntual e o uso de xel hidroalchólico que se poñerá ao dispor de todos os asistentes.
O acceso será graduado entre as 20:50 e as 21:30 e o concerto empezará ás 21.30 horas.
Durante o concerto, gravarase un vídeo con Ana Fernández-Villaverde, coñecida como La Bien Querida, como protagonista.
A bilbaína vive un dos momentos máis doce da súa carreira musical, como unha das raíñas pop indie do momento. Este mesmo verán volveu á carga con ‘Un gatito‘, a primeira canción que lanza desde a publicación de 'Brujería' (setembro 2019).
Relacionadas:
-
Trece días de festival en 'pequenas doses', aposta do Atlantic Fest para 2021
Por Alejandro Espiño |
-
Atlantic Fest presenta o vídeo da súa última edición marcada pola Covid e avanza na organización do próximo festival
Por Redacción |
-
O modelo Rías Baixas Fest reinvéntase con espíritu "guerrilleiro" porque "non podemos vivir sen música"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Saen á venda as entradas para o concerto de León Benavente no Auditorio de Vilagarcía
Por Redacción |
-
O Atlantic Fest, aprazado ata 2021: "Facemos o único que temos na nosa man para axudar a combater á COVID-19"
Por Redacción |