'Castelao grafista (facsímile)' aborda en Afundación as múltiples facetas artísticas do autor
Por Redacción
O Café Moderno Afundación de Pontevedra acollerá desde o 24 de setembro, coincidindo co centenario da Xeración Nós, unha exposición que aborda as distintas facetas artísticas de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
O proxecto expositivo, 'Castelao grafista (facsímile)', reúne obras pertencentes ás súas diferentes dimensións como creador, desde textos ata ilustracións, deseños, fotografías ou publicacións.
A exposición foi producida pola Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia.
A mostra reúne 19 facsímiles da Colección de Arte Afundación e 89 debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, dos que 49 pertencen á Colección de Arte Abanca. Así mesmo, no Café Moderno Afundación poderase gozar de 3 retratos fotográficos, 4 caricaturas e 17 debuxos e portadas de revistas.
Tamén se poderá ler o texto orixinal do álbum Nós e contemplar 2 manuscritos de Castelao, 18 portadas das primeiras edicións dos seus libros, 3 páxinas interiores, 14 portadas de libros ilustradas por Castelao e 3 debuxos.