PortAmérica 'calca' para 2021 o cartel da edición suspendida polo coronavirus
Por Alejandro Espiño
Case todos os artistas e chefs que ían participar en PortAmérica 2020, que tivo que ser cancelado pola pandemia do coronavirus, estarán en Caldas na edición de 2021.
Así o anunciou a organización do festival, que celebrará o seu décimo aniversario entre os días 1 e 3 de xullo do próximo ano. E, con motivo desta efeméride, prometen que incorporarán novas sorpresas a un cartel que, ademais, desvelaron por días.
Novedades Carminha, León Benavente, Sidonie, El columpio asesino, Dengue Dengue Dengue, Eladio y los seres queridos, Víctor Coyote, Fon Román, Amaro Ferreiro e ORTIGA actuarán nos tres escenarios da carballeira de Caldas o xoves 1 de xullo.
Ao día seguinte, será a quenda de Leiva, Coque Malla, Royal Republic, Belako, Rufut T. Firefly, Egon Soda, Wyoming y los Insolventes, Baiuca, Furious Monkey House, Alice Wonder, Taao Kross, Niña Coyote eta Chico Tornado e Última experiencia.
Como broche deste décimo aniversario, o sábado 3 de xullo actuarán Beret, Rufus Wainwright, Mikel Erentxun, Viva Suecia, Gustavo Santaolalla, Vintage Trouble, Little Jesus, Esteman, Bala, Igloo e os esquimós do Salnés, Tony Lomba & Elio dos Santos, Monterrosa y dani.
É, practicamente, un reflexo do cartel de 2020. Só se caen WOS e Devendra Banhart.
As entradas compradas para 2020 serán válidas para o PortAmérica 2021. Quen decida quedar con ela, non ten máis gardala. En caso contrario, poderán recuperar o seu diñeiro.
Ademais, puxéronse á venda abonos limitados para os tres días, a un prezo de 65 euros; e entradas para cada un dos días, que teñen un custo de 30 euros.
PRIMEIROS CONFIRMADOS NO SHOWROCKING
O Showrocking, a aclamada oferta gastronómica de PortAmérica, confirmou pola súa banda os primeiros nomes dos chefs nacionais e internacionais que prepararán as súas tapas, todas elas creadas para a ocasión, para o público que asista ao festival.
Baixo a dirección de Pepe Solla estarán Andoni Luis Aduriz, Ángel León, Begoña Rodrigo, Benito Gómez, Daniel López, David Abalo, David García, Diego Guerrero, Diego López, Edgar Núñez, Francis Paniego, Gonzalo García, Iván Domínguez, Juanjo Pérez, Juan Perret, Maca de Castro, Marcos Morán, Nagore Irazuegi, Roberto Ruiz, Rodrigo G. Fonseca, Xanty Elías y Yolanda León.
Relacionadas:
-
O décimo aniversario de PortAmérica terá que agardar: aprazan o festival a 2022
Por Alejandro Espiño |
-
As festas patronais de Cuntis, escenario o 17 de agosto do regreso de Igloo
Por Redacción |
-
Que fan Amaro Ferreiro e Pepe Solla na Casa Museo de Colón?
Por Redacción |
-
Os Rías Baixas Fest organizarán microconcertos nos meses de setembro e outubro
Por Oskar Viéitez |
-
PortAmérica, aprazado ata xullo de 2021: "Foi unha decisión durísima", afirma a organización
Por Alejandro Espiño |
-
O Rías Baixas Fest prepárase para marcar un plan de traballo cando remate o estado de alarma
Por Redacción |
-
VIDEO.- Pepe Solla alíase con PortAmérica para ensinarnos a comer ben na casa
Por Alejandro Espiño |