VÍDEO.- Tras o #ApagónCultural, danza como refuxio para quedar na casa
Por Redacción
Tras o apagón cultural de 48 horas promovido polo sector cultural, a asociación para a Danza Itinerante Danzit decidiu regresar ao grande, cun vídeo elaborado por todo o seu alumnado no que a danza se converte no seu mellor refuxio para quedarse na casa e, desta forma, cumprir coas recomendacións sanitarias para frear o coronavirus.
Danzit engloba a escolas e asociacións de Pontevedra, Meis, Caldas e Dena (Meaño) e ao club de ximnasia Biqueira do Grove e con este vídeo quere transmitir unha mensaxe sobre o poder da danza e da arte en xeral, pois, tal e como indica a profesora Amélie Trote, "estas semanas de confinamento demostraron a forza da cultura".
A ela e á tamén profesora Olgui Búa a danza dálles "forzas e ilusión para saír desta brecha o máis ilesos posible" e decidiron facer este vídeo sorpresa para o alumnado. Ten 10 minutos de duración nos que participan alumnos e familias.
"A danza é puro sentimento / Dános ás e alento / Ganas de soñar / Rir e abrazar", sostén Amélie Trotet.