Cantos na Maré celebra o sea 15 aniversario cunha oferta de bonos a 30 euros este luns
Por Redacción
O festival Cantos na Maré, que regresa á cidade de Pontevedra os días 13, 14 e 15 de setembro, celebrará este luns o seu 15 aniversario cunha oferta especial: sairán á venda de forma especial 100 abonos a 30 euros.
A oferta será válida desde as 00.00 horas deste luns e durante 24 horas. Serán abonos que dan entrada a toda a programación, pero que se venden antes de coñecer o cartel, que se anunciará ao día seguinte.
A oferta supón un aforro do 40 por cento sobre o prezo posterior das entradas.
Sen abandonar a idea primixenia da lingua como conexión de Galicia coa Lusofonía, Cantos na Maré dá un paso máis no seu 15 aniversario e toma unha nova reorientación. O Festival quere atravesar máis mares.
Non só haberá novos contidos senón tamén novos espazos para desenvolver actuacións e accións espallados por toda a cidade de Pontevedra, que se sumarán ao habitual espazo central do Pazo da Cultura.
Os espectáculos terán lugar no Pazo da Cultura, no Teatro Principal, no Museo de Pontevedra e en diferentes espazos do casco vello, que se converterá nun auténtico escenario.
Relacionadas:
-
A caboverdiana Mayra Andrade, estrela central nunha xornada ateigada de actividades no Cantos na Maré
Por Redacción |
-
Bia Ferreira abre este venres o 15 aniversario de Cantos na Maré
Por Redacción |
-
Antón Reixa, principal estrela dos actos que Cantos na Maré desenvolverá no Museo de Pontevedra
Por Anxo Lourido |
-
As mulleres comprometidas, protagonistas centrais no 15 aniversario de Cantos na Maré
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Enredadas, o proxecto conxunto de Uxía, Martirio, Carmen París e Ugia Pedreira, pechará Cantos na Maré
Por Redacción |
-
O Cantos na Maré regresa a Pontevedra do 13 ao 15 de setembro
Por Redacción |