Ángeles Caso e Manuel Darriba, premios Julio Camba e Fernández del Riego
Por Oskar Viéitez
A xornalista e escritora Ángeles Caso (Gijón, 1959) é a gañadora do premio Julio Camba.
O xurado deste premio xornalístico elixiu por unanimidade o traballo publicado no Magazine de La Vanguardia co título Lo que quiero ahora.
Manuel Darriba (Sarria, 1973), guionista, escritor e xornalista ourensano é o premio Fernandez del Riego polo artigo Grises publicado o 4 de setembro de 2012 en De Luns a Venres.
Curiosamente Darriba xa gañou o Premio Julio Camba de periodismo no ano 2003, por unha reportaxe sobre o mosteiro de Samos publicado en Dominical de El Periodico de Catalunya.
O premio Julio Camba para textos en castelán alcanza este ano a súa trixésimo cuarta edición incorporando os seus patrocinadores ao Corte Inglés en colaboración con Novacaixagalicia.
Pola súa banda o premio Fernández del Riego para textos en galego suma xa dez edicións.
O xurado, conformado por Alfredo Conde, Victor Freixanes, Ramón Pernas e Carlos Valle sinalou a unanimidade lograda nesta ocasión á hora de conceder ambos os dous galardóns. Se ben Alfredo Conde destacou que "a colleita foi escasa" xa que só se presentaron un total de 32 artigos ao Camba e 13 ao Fernández del Riego unha circunstancia que se desmarcou do recorte nas contías dos premios, 6.000 euros para cada un dos gañadores.