O universo indie invade a Illa de Arousa a través do Atlantic Fest
Por Redacción
O Atlantic Fest volveu converter á Illa de Arousa en centro de referencia da música indie. Durante tres xornadas polos escenarios montados pola organización na praia do Bao circularon algunhas das bandas e dos nomes máis coñecidos do panorama musical da última década.
Los Planetas, Joe Crepúsculo, Marlon Williams, Nacho Vegas, Dorian, La Bien Querida, The New Reamon ou Love of Lesbian coa sorpresa da presenza de Iván Ferreiro ao final da actuación lograron entusiasmar ás 5.000 persoas que esgotaron as entradas para esta cita musical que se encadra nos Rías Baixas Fest, iniciativa que promove a Deputación de Pontevedra.
Malia a presenza de chuvia durante a noite do venres e a mañá do sábado, o Atlantic Fest 2019 desenvolveuse sen incidencias ata o seu tramo final que se celebraba este domingo nas instalacións da Praza de Abastos da Illa de Arousa coa actuación dun veterano Víctor Coyote e Los Jinetes del Trópico.
Relacionadas:
-
O Atlantic Fest, de mudanza: deixa A Illa e a edición de 2020 celebrarase en Vilagarcía
Por Alejandro Espiño |
-
O Atlantic Fest xera un impacto de 1,7 millóns de euros na comarca de Arousa
Por Almu Dapena |
-
3.000 asistentes ao Atlantic Fest interesáronse pola campaña de igualdade da Deputación
Por Redacción |
-
Previr violacións en cita e agresións por submisión química, obxectivo da Deputación de cara ao Atlantic Fest
Por Redacción |
-
O Atlantic Fest máis comprometido quenta motores para a súa edición de 2019
Por Alejandro Espiño |
-
Sete Festivais Rías Baixas pensados para gozar "da mellor música, nos mellores espazos e coa mellor xente"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Los Planetas volven dous anos despois ao Atlantic Fest completando o seu cartel
Por Redacción |