A Sala Karma entrégase a Miss Caffeina
Por Diego Torrado & Redacción
A Sala Karma entregouse na noite deste sábado a Miss Caffeina, que presentou en directo os temas incluídos no seu último disco, Oh Long Johnson, dentro da iniciativa Xira Mahou 2019.
Os asistentes gozaron dos temas dunha das bandas máis coñecidas da escena musical indie-pop en España, que neste último álbum coquetean con outros estilos como o pop electrónico, enriquecendo o son que lles fixo populares.
Entre outros, os madrileños interpretaron temas como Merlí, co que presentaron o seu novo disco, unha canción inspirada na serie que leva o mesmo nome e trata cuestións vitais tan importantes e universais como o amor, a morte, o medo ao diferente ou a autoaceptación.