Menos gatos, menos botas e máis gatas con zocos
Por Diego Torrado & Redacción
Unha gata máxica, que calza uns zocos, móstranos como é capaz de revolucionar o conto tradicional de 'O gato con botas'. Con esta premisa, a Banda de Música de Pontevedra acompañada pola compañía A Cova das Letras ofrecía este domingo no Teatro Principal a orixinal montaxe de 'A gata con zocos'.
Nesta historia nárrase a situación que vive o herdeiro que recibe en herdanza un circo en bancarrota. O herdeiro incapaz de pagar vai como os artistas e músicos abandonan o espectáculo e Don Casio reclama a hipoteca do circo. Nese momento é cando aparece a gata máxica que permite ao herdeiro converterse no Marqués de Carabás e que os artistas e músicos regresen ao circo xa sen débedas.
O director da Banda de Música de Pontevedra, Rafael Agulló, e a directora da compañía teatral Cristina Collazo uniron as súas habilidades para ofrecer esta montaxe divertida que fixo as delicias de todo o público que asistía a esta sesión matinal de domingo.