Sés, Iseo & Dodosound e Hakuna Tanaka, tres poderosas voces femininas para o SonRías Baixas
Por Alejandro Espiño
A falta dalgunha sorpresa de última hora, o festival SonRías Baixas completa o seu cartel para a súa próxima edición. Faino coa incorporación, entre outras, de tres poderosas voces femininas: o eclecticismo e o compromiso de Sés, a elegante mestura de reggae, trip hop e R&B de Iseo & Dodosound with the Mousehunters e o hip hop de Hakuna Tanaka.
Os organizadores do festival, que se celebrará en Bueu os días 1, 2 e 3 de agosto, explicaron que a elas súmanse a delirante combinación de hip hop, reggae, dub, rock e folclore bosnio dos Dubioza Kolektiv, a rumba entusiasta dos Nius de Nit e mais o rap e funky made in Galicia dos Som do galpom.
Todos eles acompañarán a La Pegatina, La M.O.D.A, Segismundo Toxicómano, Nao, Boikot, Dakidarría, Muyayo Rif Periferia Norte, Zea Mays e Zoo, os nomes de artistas e bandas xa coñecidos para o festival.
As entradas para o festival, que na súa pasada edición conquistou a máis de 20.000 persoas e xerou un impacto de 1,14 millóns de euros na comarca do Morrazo, están á venda en sonriasbaixas.info cun prezo especial e limitado de 39 euros máis gastos, coa acampada incluída.
Relacionadas:
-
Todo preparado para o Festival SonRías Baixas, que chega a Bueu do 1 ao 3 de agosto
Por Redacción |
-
Nao, Boikot e Dakidarría tamén estarán en agosto no SonRías Baixas de Bueu
Por Redacción |
-
La Pegatina e La Maravillosa Orquesta del Alcohol, ao SonRías Baixas de Bueu
Por Alejandro Espiño |
-
O SonRías Baixas 2019 arranca con Zea Mays e Zoo como primeiras confirmacións
Por Redacción |