Tres escritores e tres compositores únense para musicar relatos curtos en 'Son de Contos'
Por Alejandro Espiño
Tres relatos de nova creación 'musicados' por outros tantos compositores. ÿ a proposta de Son de Contos, un "novedoso e audaz" proxecto impulsado por Vicente P. Couceiro, que pretende poñer as bases "para consolidar un novo xénero artístico". As tres pezas, de 20 minutos cada unha, serán interpretadas polo Obradoiro Vocal A Vila de Ponteareas. Será o domingo 12 de maio ás 19.00 horas no Teatro Principal.
Son de Contos, cuxa entrada será gratuita, conta coa participación dos escritores Fina Casalderrey, Manuel Lourenzo e Xoan Babarro e Ana Fernández, que asinan xuntos un dos contos. A música destes tres relatos curtos corre a cargo dos músicos Julius Andrejevas, Fernando Ruibal e Carlos Cambeiro, respectivamente. Entre todos eles crearon "pequenas pezas ao estilo dunha especie de ópera", segundo Vicente P. Couceiro.
Trátase dixo, de "tres mestres da narrativa e da versificación, unha condición imprescincible para converter os relatos en cancións e de tres compositores que elaboraron unhas partituras "máxicas", adaptando á perfección estes tres contos ao universo e á linguaxe musical. "Era cuestión de tempo que xurdise esta complementariedade entre ambas partes", destacaron as súas organizadores.
Na rolda de prensa de presentación de Son de Contos, Fina Casalderrey explicou que se trata dun proxecto "marabilloso" e que lle xerou desde o primeiro día un "entusiasmo contaxioso"; mentres que o músico Carlos Cambeiro sinalou que os compositores ofreceron unha perspectiva diferente a esta iniciativa. "Para nós foi como volver a infancia, como converterse de novo nun neno, era a mellor forma de poñerlle música a estes contos".
Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, destacou que Son de Contos é un proxecto "pensado e traballado durante moitos anos". Por iso é polo que animase aos pontevedreses a que "disfruten da música, destas creación literarias adaptadas á música", xa que se trata dunha iniciativa "diferente e nova" que terá en Pontevedra a súa estrea "universal". ÿ coma se estivesen, dixo Fina Casalderrey, "bautizando un novo xénero".