'Aquí Cántase' volve cunha nova edición na que “os ensaios son á festa”
Tras o éxito da edición do ano pasado, 'Aquí Cántase', evento organizado por 'Maravallada', este ano volve saír a proposta, con moitas ganas e ánimo de superar incluso o aforo do último verán.
Esta é unha actividade de promoción do canto tradicional en galego e de espíritu festivo e de unión entre os veciños da cidade.
Esta iniciativa desenrolarase en dúas fases. A primera consiste en ensaios nos meses previos, localizados nos centros veciñais ou sociais do concello.
Os lugares seleccionados neste 2018 para a preparación do evento son o Centro Cultural de Campañó, o de Gorgullón e o de Salcedo.
Nestas xornadas de ensaios contarase cun mestre que será o encargado de coordinar, determinar todos os aspectos de ámbito musical e amosar as pezas a interpretar.
A segunda fase será a intervención propiamente dita. Terá lugar en catro prazas de Pontevedra, a da Ferrería, a Praza de Curros Enríquez, a de Paio Gómez Charino e a praza da Leña.
Esta xuntanza de cantareiros terá lugar de 21.00 a 24.00 horas.
Carme da Silva, concelleira de festas, destaca que non é necesario saber cantar, abonda con ter ganas.
Un dos membros de 'Maravallada', Luis Torres, incide no ansia de promover a música tradicional de ámbito cantado.
Consideran este evento como un perfecto arranque das festas, incentivando as relacións entre os pontevedreses e creando o ambiente perfecto para gozar das xornadas seguintes.
Para poder asistir aos ensaios, que comezarán o 4 de abril en Campañó, é necesaria previa inscripción gratuita.
Todos aqueles interesados en consultar o programa e inscribirse de cara aos próximos ensaios, poderán facelo por medio da páxina web ou chamando ao teléfono 986 80 43 00 ext 7107.