Nydia crea 'Corre. ¿Podremos salvarnos?', un espectáculo para axudar ao centro princesa Letizia
O Auditorio Municipal de Vilagarcía acolle os días 24 e 25 de febreiro o espectáculo 'Corre. ¿Podremos salvarnos?', un musical creado por Nydia para o festival en beneficio do centro princesa Letizia de atención a persoas con parálise cerebral.
Máis de 120 persoas toman parte no espectáculo no que tamén participan un grupo de usuarios do centro.
Unha historia con mensaxe para todos os públicos, divertida e na que soará a música de moda con letras adaptadas.
Haberá funcións o sábado e o domingo ás 18.30 horas. A entrada, cun prezo de 3 euros contribuirá para a recadación destinada a Asociación Amencer-Aspare, e poderase adquirir no Auditorio.