Formación teatral para todos na Casa Verde de Salcedo
Por David Arana
A Asociación Casa Verde presentou no Concello de Pontevedra a Aula de Teatro de Salcedo, un novo proxecto cuxo obxectivo é a creación dunha experencia formativa centrada no teatro como disciplina, buscando a difusión e impulso do teatro base en Pontevedra. O responsable da coordinación da actividade é o "ambaxador" do cabaret galego Nelson Quinteiro, e esta terá lugar a lo longo de todo o ano coa intención de realizar unha representación a finais do mesmo, como primeira experiencia piloto para ser realizada de forma anual con regularidade.
A asociación busca a través deste proxecto a dignificación e o recoñecemiento do teatro galego, segundo palabras da súa presidenta Beatriz Pintos, e contará con dous talleres: o primeiro centrarase en propostas de teatro visual e xestual e conta con 20 prazas, que serán cubertas mediante audicións. O segundo taller está adicado ao teatro popular e conta con 25 prazas que se cubrirán en orden de inscrición. Todas as actividades están dirixidas a persoas a partir de 12 anos.
Esta Aula de Teatro está financiada polo Concello de Pontevedra e se trata dunha actividade de balde na súa totalidade, pero aqueles que desexen unirse deberán abonar un pago único de 20 euros como reserva de praza. O horario da mesma será os martes entre las 19 e as 20:30 o primeiro taller, e entre as 20:30 e as 22 o segundo, a partir do martes 27 de febreiro.