Escuchando Elefantes presenta en Pontevedra "Hope", o seu último traballo
Por Redacción
O grupo galego Escuchando Elefantes volve subir aos escenarios para presentar "Hope", o seu último traballo, na segunda parte dunha xira que lles levará a percorrer España, Reino Unido e Irlanda e que fará parada en Pontevedra o próximo 20 de outubro na Sala Karma, con entradas xa á venda.
O arranque deste novo tour coincide co lanzamento do videoclip "Ready", un tema co que o grupo galego entra no mundo da depresión levada ao terreo da sedución.
Tras a gran acollida de "Hope" na primeira parte da xira, que percorreu cidades como Barcelona, Bilbao ou Valencia, Sílvia Rábade e Carlos Tajes volven con forza para presentar as cancións do seu último traballo, no que o folk cede terreo ao rock cun novo formato que outorga aos temas de "Hope" un toque máis eléctrico e enérxico.
"Estamos moi satisfeitos co resultado, xa que cremos que é o álbum que mellor nos representa", explican os seus autores.