Primeiros avances do Curtas 2017 o Festival Internacional de Cine e Banda Deseñada de Vilagarcía
Por Redacción
O Festival Internacional de Cine e Banda Deseñada de Vilagarcía de Arousa, Curtas 2017, presenta o cartel oficial da súa 45 edición, que se celebrará do 23 ao 29 de octubre de 2017, e que ademáis de estar adicada á ciencia ficción, celebrará o 40 aniversario de Star Wars.
Por tal motivo o cartel, obra do célebre ilustrador arxentino Juan Giménez, quen volverá a estar presente no festival este ano, amosa varios elementos do cine de ciencia ficción xunto a unha poderosa figura feminina ataviada con unha futurista armadura, ao máis puro estilo da obra do autor de La Casta de los Metabarones.
Como ven sendo habitual nesta nova etapa, o Curtas 2017 aunará durante unha semana o séptimo e o noveno arte nun evento multitudinario e multidisciplinar, que contará con grandes invitados, exposicións, proxeccións a concurso, retrospectivas, encontros, sesións de firmas, presentacións, e moitas cousas máis.
Entre os primeiros invitados de Curtas 2017 atópanse Ángel Sala, director do Festival Internacional de Cine Fantástico de Sitges, que celebra este ano o séu 50 aniversario, quen impartirá unha charla e presentará unha película en conmemoración de dito evento; o recoñecido ilustrador Luis Royo será outro dos grandes invitados, protagonizando ademáis unha das grandes exposicións do certame; Juanma Bajo Ulloa, director de filmes coma Airbag, Alas de mariposa ou La madre muerta, tamén estará presente no festival, e recibirá un dos premios honoríficos deste ano.
Para conmemorar o 40 aniversario de Star Wars, outra das exposicións que poderán visitarse durante el festival, e que comezará a súa andadura en Vilagarcía, estará adicada ao universo da saga creada por George Lucas e contará con varias figuras a tamaño real de diferentes personaxes, xunto a varios elementos de escenografía e utilería vistos nas películas, creadas polo artesán valencian Hector José Vela, do estudio Awesome Props.
Coma sempre, todalas actividades do festival, proxeccións, exposicións, sesións de firmas, encontros, etc. serán de entrada totalmente gratuita para o público asistente.
O festival pechou diferentes acordos con entidades coma Renfe, para facilitar a asistencia ao festival de todos aqueles que o desexen. Nas vindeiras semanas daránse ás indicacións necesarias para poder beneficiarse destes descontos, así coma a programación completa do festival, listaxe completa de invitados, actividades paralelas, exposicións, etc.
Ata o 15 de agosto estará aberta a recepción de curtametraxes e longametraxes a concurso para o Curtas 2017. As obras pódense enviar a través das plataformas ClickForFestivals, Festhome, Filmfreeway e Movibeta.
Curtas 2017, Festival Internacional de Cine e Banda Deseñada de Vilagarcía de Arousa, está organizado pola asociación cultural sen ánimo de lucro Curtas, e conta co patrocinio do Concello de Vilagarcía de Arousa, a Deputación de Pontevedra e o Liceo Casino de Vilagarcía.