Xoldra na Eira: un concerto que combina a música clásica coa tradición folclórica
Por Redacción
A combinación da música folclórica coa música clásica será o motivo do concerto que ofrecerá a Banda de Música de Pontevedra este domingo 21 no Teatro Principal a partir das 12.00 horas coa participación da Banda de Gaitas de Forcarei.
O actual director titular da Banda Municipal de Pontevedra, Rafael Agulló, acompañaba á concelleira de Cultura, Carmen Fouces, na presentación deste evento denominado Xoldra na Eira no mediodía deste martes 16 no Concello de Pontevedra apuntando que tamén participarán a cantante de Valladolid, Vanesa Muela e o gaiteiro José Manuel López "Josele".
Agulló afirmaba nesta presentación que a proposta contempla un contido de festa cunha mestura de elementos poéticos. Van interpretarse temas como a 'Pequena Meiga' de Iván Costa ou o 'Entrelazado' de Allaríz.
A entrada será de balde ata que se complete o aforamento do Teatro Principal. O evento contará coa presentación de Xavier Cruz.