Morat abre a tempada de concertos en Vilagarcía
Por Redacción
A tempada de concertos en Vilagarcía ábrese este ano moi cedo, no mes de marzo, e moi forte, xa que será coa actuación do grupo revelación do ano pasado, a banda colombiana Morat que saltou á fama en España co "Cómo te atreves", o tema que máis soou durante todo o ano nas cadeas de radio fórmula, nos programas musicais e mesmo nas verbenas.
O concerto será o venres 24 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio e as entradas xa están a venta en ticketea.
O aforo do Auditorio é de 754 butacas. Os prezos son de 28 euros na zona A, 23 euros na B e 18 euros na C.
A compra anticipada sae máis barata que en billeteira, xa que o día do concerto os prezos serán de 30, 25 e 20 euros.
Morat é o grupo revelación do momento. En poucos meses conseguiron grandes logros como a nominación a un Grammy Latino, ou converterse nos gañadores do premio á banda revelación do anos nos recentes 40 Music Awards.
Os colombianos tamén poden presumir de ter conseguido o cuádruplo Disco de Platino polo su éxito "Cómo te atreves", chegando así ao máis alto das listas de radios españolas e alcanzado o nº1 en iTunes, ademais de ter acumulado ao redor de 16 millones de visitas en YouTube.