Rock and roll para contar a historia de Carapuchiña entre coiro e acrobacias
Por Redacción
'Red Rock Caperucita El Musical' é un espectáculo de estética moderna que ofrece unha nova perspectiva do conto máis famoso da historia, cunha posta en escena na que destaca a fantasía, as luces, proxeccións, sons rockeiros e os efectos especiais.
Trátase dun musical de gran formato con máis de 40 intérpretes con 16 cantantes en escena para mostrar ao público unha historia divertida e chea de novidades na que a protagonista, Carapuchiña, quere converterse en estrela do Rock and Roll. Chegará a conseguilo?
O espectáculo representarase o sábado 14 de xaneiro en dobre sesión, ás 17.00 e ás 20.00 horas. As entradas xa se atopan á venda en Ataquilla ao prezo de 15 euros.