O pintor Lenny amosa as súas últimas obras no Mercantil
Por Redacción
Cores vivas e imaxes oníricas brillan na mostra do pintor Lenny que se pode visitar ata o próximo 15 de setembro na sede do Casino Mercantil de Pontevedra, situada na praza de Curros Enríquez.
A exposición leva por título Vanny e ofrece unha colección dos últimos traballos do autor Santiago Piñel, máis coñecido artisticamente como Lenny.
Entre as diferentes pinturas que se poden observar nesta mostra destacan traballos como Alivio, Jazz Natural ou El Mirador.