Suspendido o concerto que Andrés Suárez tiña previsto dar no Pazo da Cultura
Por Redacción
Problemas de axenda obrigaron a suspender o concerto que Andrés Suárez tiña previsto dar no Pazo da Cultura de Pontevedra o día 16 de setembro.
Así llo comunicaron os representantes do artistas ao organizasmo autónomo do Concello, explicando que a razón é "unha confusión de datas" na axenda do artista.
Este concerto estaba incluído dentro da programación de outono do Pazo da Cultura.
En todo caso os representantes do cantautor expresaron o seu "firme compromiso" de buscar unha data en 2017 para celebrar o concerto, que servirá "para presentar o seu novo traballo, que se gravará dentro duns meses" e co que esperan "xirar por todo o Estado aproximadamente a mediados de ano".
Relacionadas:
-
O Coti máis íntimo chega a Pontevedra para actuar no Teatro Principal
Por Redacción |
-
Un concerto gratuíto de De Vacas abre a programación musical de outono do Pazo
Por Redacción |
-
Quique San Francisco, Concha Velasco, Carlos Latre e Andrés Suárez, en outono no Pazo da Cultura
Por Redacción |
-
Andrés Suárez renova o seu idilio con El Náutico
Por Redacción |