Manuel Jabois, protagonista dun novo Vermú entre Libros da libraría Paz
Por Redacción
O xornalista pontevedrés Manuel Jabois presentará o vindeiro sábado 21 de maio en Pontevedra o seu novo libro. Trátase de Nos vemos en esta vida o en la otra, a historia do primeiro condenado polos atentados do 11-M. Sobre el, falará nunha nova edición do Vermú entre libros que organiza a librería Paz.
En Nos vemos en esta vida o en la otra (Planeta, 2016), Jabois presenta ao lector a historia do único menor implicado nestes atentados, Gabriel Montoya Vidal, coñecido como Baby e ao que a prensa alcumou, despois do 11-M en Madrid, El Gitanillo.
Ano e medio custou convencer ao protagonista de que falase por primeira vez. E Manuel Jabois relata cun estilo sinxelo e directo a acción que precedeu e seguiu á súa participación no 11-M, unha crónica chea de violencia, traizóns, drogas, mentiras e persecucións policiais
O odio aparece de lonxe alimentándose da indiferenza e o desapego dun grupo de delincuentes comúns que terminaron axudando a terroristas suicidas a cometer os atentados máis sanguentos da historia de España.
Neste Vermú entre Libros, que comezará ás 12.30 horas, Jabois estará acompañada da tamén xornalista Belén López.