O Teatro Principal xa celebrou a cea de 'Noiteboa'
Por Diego Torrado
O Teatro Principal de Pontevedra acolleu este xoves 'Noiteboa', unha traxicomedia arredor das aparencias sociais, da man dos actores Ernesto Chao e a Mela Casal.
Os espectadores pudideron comprobar como enriba do escenario nada era o que parecía. O traballo interpretativo e de dirección de actores emocionou e atopou a complicidade co espectador.
Cun elenco de luxo, con Mela Casal, Ernesto Chao e Guillermo Carbajo, RedRum Teatro lévou aos pontevedreses ao Nadal, a esas incómodas datas nas que, case por obriga, as familias se xuntan.
Alí, o personaxe de Mela Casal trataba de conseguir que, polo menos, a súa parecese unha familia feliz. E iso dexenerou en situacións cómicas e tamén tráxicas.